''El futuro del Breogán es continuar el modelo de la temporada pasada''

A AUSENCIA dun substituto para ocupar a vacante deixada na presidencia do Breogán por Raúl López obrigou aos representantes da Deputación Provincial a dar un paso adiante e ocupar, de forma provisional, os postos máis relevantes do consello de administración. A situación transitoria impediu que o club lucense pasase a ser dirixido por unha xestora, con todo o que iso implica, e permite manter a actividade do equipo nun momento clave para sentar as bases da vindeiratempada. Antón Bao transmite tranquilidade aos afeccionados e fala con ilusión do proxecto breoganista.

O anterior presidente, Raúl López, recoñeceu que a débeda acumulada do Breogán está ao redor dos 500.000 euros. É preocupante a situación e o futuro do CB Breogán?
O primeiro é que desde a Deputación e desde o consello de administración temos que mandar unha mensaxe de tranquilidade. Na xunta de accionistas deuse un paso importante nunha situación complexa en canto a necesidade de conformar un consello de administración que tire para adiante para que el Breogán funcione. Efectivamente, o contexto económico, e a situación do Breogán, no é o idóneo pero non é o peor escenario que nos podamos atopar. É un escenario xa vivido e co que se loitou e haberá que continuar, iso si, facendo un proxecto que se axuste á realidade económica e ao contexto socio-económico lucense. Un proxecto pensado fundamentalmente para que o Breogán tiña un equipo competitivo pero ao mesmo tempo sexa un equipo que esté sempre mirando para a base e desenvolver un plan económico que vaia no camiño de reducir paulatinamente esa débeda.

A pesar da provisionalidade do seu cargo e doutros do consello de administración, o club vai funcionar xa con normalidade nas próximas datas?
Evidentemente. A idea fundamental é que a Deputación se poña ao fronte independentemente do nome de quen teña a presidencia, a vicepresidencia económica ou a tesourería. Hai unha implicación dos tres grupos políticos e quero recalcar que é a Deputación é o seu conxunto os que transitoriamente van pilotar estes próximos días para que o Breogán vaia desenvolvendo todos os procedementos necesarios para saír na próxima tempada e ir plasmando xa o proxecto que queremos.

Isto afecta tamén a área deportiva?
Por suposto. Están establecidas unha serie de responsabilidades no consello, entre elas a deportiva. O responsable máis os magníficos profesionais que ten o Breogán na súa estructura vanse a por a traballar xa inmediatamente en todas as cuestións deportivas que sexan necesarias e en todos os procedementos que haxa que desenvolver para que o Breogán salga na vindeira tempada.

Qué xestións se realizaron para que o xa ex presidente Raúl López tivese un sustituto?
En primeiro lugar, o prazo que tiñamos para realizar esa xestión era mínimo. Foi moi pouco tempo para que as xestions poideran frutificar porque non é unha decisión que se poida tomar en dous ou tres días. Se fixeron xestións tendo en conta que están encima da mesa dous modelos. un no camiño dunha progresiva profesionalización do clube contando na súa cabeceira cun presidente executivo de carácter máis deportivo, e outro modelo, o que ata agora existiu, e é que se sitúe á fronte do Breogán unha persoa relacionada co mundo empresarial ou social de Lugo. En ese modelo de presidencia de carácter máis deportivo fíxose unha oferta a Chete Pazo, pero declinou a nosa proposta.

O proxecto do Breogán para a próxima tempada mantendrá a liña da anterior?
Se queremos un proxecto sólido, un Breogán de futuro en todos os sentidos con ese proxecto global do que falamos, é necesario continuar co modelo que a tempada pasada desenvolveuse e que creo que foi exitoso desde o punto de vista de axuste económico e tamén de ir plasmando ese proxecto deportivo no que creo que se fixo unha magnífica labor e, ademáis, contando coa canteira.

Comentarios