Testimonios
Manuel Casanova: "Con dez anos visitei o meu pai no cárcere"
09/01/2011 - Ana Rodil/El Progreso (A Pobra do Brollón)
«Soubemos que meu pai fora fusilado en Lugo polas súas roupas. Primeiro fuxiu a Portugal e, cando voltaba para a casa, un amigo díxolle que marchase porque o andaban a buscar. Collérono na fronteira cando ía pasar de novo a Portugal e de alí foi para o cárcere. A última vez que o vin foi nunha visita que lle fixen ó cárcere de Mondoñedo, tiña eu dez anos. Despois viu para Lugo».










