Testimonios
Luz Reboiro: "Miña nai botou a vida esperando un acto así"
09/01/2011 - Ana Rodil/El Progreso (A Pobra do Brollón)
«Eu era unha nena de apenas catro ou cinco anos cando viñeron prender a meu pai. Lembro aquel día perfectamente, recórdoo fumando esposado e que as veciñas tiveron que asistir a miña nai. Ela botou a vida esperando un acto coma este, creo que viviu 104 anos só para ver este día, pero non foron suficientes e non chegou a velo».










