Recuerdo de Paul Naschy

Pasamos a primeira fin de semana de Cineuropa e penso que con bastante éxito. Polo menos no tocante ao público, que encheu as salas de proxeccións e incluso esgotou os billetes para algún filme, saindo de casa a través do vento e a chuvia e aguantando algunha que outra ringleira de última hora.

O do éxito dos filmes xa é variábel, pois depende do gusto persoal de cada un e das expectativas creadas. En xeral os títulos da fin de semana tiveron boa acollida, inda que si que creo que en máis dunha ocasión o respetábel agardaba algo máis.

E Cineuropa non para e para esta semana tamén vos traio unha axenda de recomendacións. Aí vai a miña escolla:

Luns, 15 de novembro
22:00 Aula sociocultural de Caixa Galicia, Medeni mesec (2009, Goran Paskaljevi?) Historias de inmigracións e parellas, dende Albania a Italia e dende Serbia a Austria.

Martes, 16 de novembro
23:00 Sede Fundación Caixa Galicia, El hombre que vió llorar a Frankenstein (2010, Ángel Agudo) Imprescindibél documental para os amantes do xénero fantástico e de terror sobre o recentemente falecido actor e director Paul Naschy. Presentado polo director e guionista Mick Garris conta tamén ca participación, entre outros, de John Landis, Joe Dante ou Nacho Cerdá.

Mércores, 17 de novembro
22:00 Teatro Principal, Elisa K (2010, Judith Colell e Jordi Cadena) Historia dura e poética sobre unha nena que é violada e pasa algún tempo ata que libera o horríbel feito do máis fondo da súa memoria.

Xoves, 18 de novembro
22:00 Teatro Principal, Happythankyoumoreplease (2010, Josh Radnor) No cinema independente tamén se fan melodramas románticos e neste amósasenos os amores e desamores dun grupo de seis mozos de Nova York.

Esta é a miña escolla, pero xa sabedes que hai máis e que tamén me gustaría saber o que ides vendo.

Os máis cinéfilos non deberían perder Lung Boome raluek chat (2010), o último do persoalísimo director tailandés Apichatpong Weerasethakul. E os amantes do erotismo e o cinema arxentino tampouco deberían perder Cinco (2010), cinco historias dos directores Cinthia Varela, Marco Berger, Cecilia del Valle, Andrew Sala e Francisco Forbes.

Vémonos nas butacas!

Comentarios