Galicia muestra su pesar por el falleciminto de Fernández del Riego

As homenaxes e mostras de dor polo pasamento do intelectual galego Francisco Fernández del Riego, finado este venres aos 97 anos de idade, continúan a espallarse por toda Galicia. A Fundación Penzol, institución que fundou o tamén escritor e editor, abriu este domingo un libro de condolencias na súa sede sita na praza princesa de Vigo, na Casa Galega da Cultura.

Desde as onde da maña ata as sete da tarde e tamén desde as once ata as seis do luns, quen queira expersar a súa dor pola triste nova para a cultura galega poderá achegarse á Fundación, onde tamén está a disposición do público un tarxeteiro. Será unha expresión pública de homenaxe ao fundoar, patrono vitalicio e director desde 1963 desta institución, á que lle donou todo o seu legado bibliográfico, documental e artístico.

Asemade, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia, impulsada por Fernández del Riego, convocaron a toda a cidadanía galega a sumarse aos actos na súa honra de Fernández del Riego. Entre eles, o concelló de Vilanova de Lourenzá, a súa localidade natal, decretou tres días de loito oficial nos que as bandeiras ondearán a media asta.

Foron moitos os que se pronunciaron sobre a morte do intelectual galego, tanto no eido cultural, como no político  e no social. Entre eles, por exemplo, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, lamentou a perda do "gran valedor e pioneiro nas relacións entre a Galicia interior e a Galicia do exilio en América, coa que estableceu contacto directo e activo desde 1946". Tamén tiveron palabra na memoria de Fernández del Riego tódolos grupos políticos galegos e a Xunta mesmo anunciou que o mércores celebrará unha homenaxe a través dun acto ao que foron convocados a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol.

O funeral polo intelectual galeguista celebrarase este luns, ás sete da tarde, na concatedral de Vigo, segundo anunciou a súa familia. Será o último momento para despedir a Don Paco, quen tanto fixo pola cultura, a lingua e a literatura galega.

Comentarios