Máis leite

Datos de interés

  • Miércoles 14.05.2008

MIRA LUGO/ Miércoles

Máis leite


Etiquetas: Mira Lugo, Andrés Pavón, leche

Andrés Pavón.

 

A pasada semana falaba nesta columna da preocupación que nos embarga ós habitantes dos concellos da provincia pola temida e consumada baixada dos prezos do leite que cobran os gandeiros. O suposto tempo de paz da semana santa non fixo que nos esqueceramos desa preocupación senon que veu a agravala xa que observamos como o tema foi desaparecendo da axenda informativa. Non quixera ser pesado con este asunto pero teñan en conta que en lugares como Chantada, A Pastoriza ou Friol o prezo do leite é a chave da economía local e inflúe non só nas finanzas de gandeiros e comerciantes senon mesmo no estado de ánimo das persoas.

Escoitei decir que os incidentes protagonizados nas instalacións dalgunhas industrias lácteas polos produtores de leite foran unha saída de tono e unha barbaridade que en ningún caso é positiva para os intereses que se defendían nas protestas. Non poido estar dacordo con esa afirmación. Hai momentos nos que é preciso recurrir a accións que semellan extremas pero que son reaccións lóxicas ante situacións inxustas. Ata o de agora ningún representante das empresas saiu a explicar por qué se produce esa baixada dos prezos. E créanme que intentei falar con case todos os que hai en Lugo.

Tampouco é de recibo que se mire para outro lado e se diga “que apreten o cinto”. A baixada de prezos é só o problema máis recente e visible dos que afectan ós nosos gandeiros. Hai arredor de dez anos tiveron que afrontar un plan de calidade imposto pola Unión Europea que os obrigou a a solicitar créditos para adquirir nova maquinaria e introducir melloras xenéticas e sanitarias. Moitos deses créditos aínda se están a pagar hoxe en día. E de onde cren que saíron os cartos para pagalos? Efectivamente: do leite que venderon e que apenas variou de prezo no tempo transcorrido. Eso por non falar das moitas explotacións que pecharon por non poder facer fronte ós gastos que requería o plan.

Xa falei das subas do gasoil, dos pensos e dos fertilizantes e tamén da seca do outono. Pero non quero deixar no tinteiro os ataques de lobos, as mamites e outras enfermidades que poden afectar e matar a vacas de alta calidade e máis alto prezo, a imposibilidade de coller vacacións porque as vacas hai que ordeñalas tódolos días, o drama que supón que un gandeiro teña que estar de baixa por enfermidade...

Non é preciso sair do concello de Lugo para toparse cunha vaca así que, se lles certa velas, pensen, suplícollo, que nas súas ubres descansa boa parte do futuro desta urbe

26/03/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso