Diego Ameixeiras prepara outra novela negra


Etiquetas: Lugo, literatura, Diego Ameixeiras, libros, ferias

19/05/2011 - Jaureguizar / El Progreso (Lugo)

Diego Ameixeiras afirma que escribe «pensando no público, como todo o mundo» e onte viaxou a Lugo dende Santiago para encontrarse con ese público. O escritor participou na Feira do Libro de Lugo presentando a súa novela ‘Asasinato no Consello Nacional’ (Xerais) co gallo de que levou o premio Irmandade do Libro ao mellor texto do 2010, segundo lembrou o seu editor, Manuel Bragado.

‘Asasinato no Consello Nacional’, a novela máis lida polos militantes de partidos políticos galegos, narra a morte a balazos dun deputado do Bloque Nacionalista Galego tras saír dunha xuntanza na que o voceiro da fronte presentara a súa dimisión.

Diego Ameixeiras presentou a súa proposta en competencia directa e simultánea con José López Orozco, Jaime Castiñeiras e Antón Bao. O tema do seu libro non podería ser máis axeitado nestes días de intenso bulir electoral. O escritor acepta que «pode ser que haxa unha certa relación porque trata un asunto político, pero é un episodio concreto como foi a caída do bipartito e a crise do nacionalismo».

O novelista sabe que anda ás voltas «cunha novela negra que se desenvolverá en Santiago, pero aínda non a ten «definida», di. Tampouco ten claro o autor ourensao nado en Suíza se vai recuperar ao pousado detective Alberto Cupeiro de ‘Asasinato no Consello Nacional’ ou se botará ao monte de novo co brután de Horacio Dopico. Nin sequera se continuará tratando a histoira recente de Galicia.

A liña que vai manter con seguridade é seguir escribindo «para o gran público». A súa máxima é que «hai que ser autocrítico, saber que, se unha novela non funciona non é sempre culpa do público».

Agora busca ampliar o seu público coa tradución ao castelán de ‘Dime algo sucio’ (Pulp Books), a novela homónima que escribiu orixinalmente en galego.

Pereiro

O autor está agradecido a outra reflexión, á que fixo a Real Academia, «unha institución que vai sempre un pouco por detrás», para designar a Lois Pereiro como celebrado no Día das Letras Galegas. «Acertaron porque nunca houbo tanto movemento», aprobou.

«É certo que non era un escritor que estivese na boca da maioría, senón de moitas minorías. A raíz  do Día das Letras Galegas había moita xente que o admiraba e que apareceu», indicou.

Ameixeiras destaca que a escolla do monfortino «foi un cambio na Academia», unha mudanza que cree que debería cambiar «cunha presenza maior de mulleres na Academia». O escritor sumaría tamén «xornalistas, profesionais do audiovisual e xente da cultura en xeral, relacionada coa literatura ou non. Deberían escoitar máis á sociedade», precisou.

3'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>