Opinión

Irrecuperables persoas, pero tamén tesouros

SUFRIMOS COAS guerras polas padecemento humano, pero ademais de vidas irrecuperables que se van cos conflitos hai outros elementos perdidos polos que sufrir. Son incomparables, porque non deixan de ser cousas inmateriais, pero dá dor ver a destrución en cuestión de minutos de obras de arte creadas hai 28 séculos. Porque o Estado Islámico en Siria e Iraq non só está segando vidas e impoñendo un réxime sanguento, senón que tamén derrúe todo o que considera heterodoxo coa súa relixión. Estatuas asirias milenarias dun museo de Mosul foron destrozadas igual que hai 14 anos os talibáns de Afganistán desmoronaron as de budas xigantes de Bamixán esculpidas en pedra. Tampouco se librou o Museo Nacional Iraquí do espolio de 50.000 pezas cando os estadounidenses entraron en Bagdad para derrocar a Sadam. Agora é peor. Guerras que segan vidas e borran a historia.

Comentarios