Opinión

Indiferenza en Madrid

RECORDO QUE nunha intervención parlamentaria o daquela presidente do Goberno Leopoldo Calvo Sotelo contestou a unha interpelación algo impertinente dun deputado da oposición con algo así como: «A miña única resposta é a maior das indiferenzas». Non entraba en materia, pero deixaba claro que a pregunta non era do seu agrado e o congresista, tampouco. Sen dicilo, pero igual de indiferente, parece o presidente do PP e en xeral a cúpula do partido con quen aspira a continuar dirixindo a Comunidade de Madrid, esta vez logo dunhas eleccións, non como ata agora, que chegou á presidencia trala dimisión de quen fora encabezando a lista. Cala o PP sobre a polémica que envolve a Ignacio González arredor do ático de Marbella. E todo a dous meses dunhas eleccións nas que o PP non se imaxinaba que ía ter uns rivais de tanto peso como Ángel Gabilondo e García Montero. E Madrid é un termómetro.

Comentarios