Opinión

Unha galleta e dous vasos de auga

ESA É, polo visto, a dieta diaria das top models nas épocas máis intensas de desfiles. O único bo desta información é que se faga pública tras décadas consentindo e aplaudindo a anorexia nas pasarelas. Foi grazas a unha modelo das chamadas tallas grandes, Laura Wells, que denunciou as restriccións alimenticias ás que estaban sometidas as súas compañeiras na New York Fashion Week.

Afortunadamente cada vez as críticas á extrema delgadeza das 'maniquís' son máis (o Goberno galo vai esixir que as modelos teñan un índice de masa corporal saudable) ao tempo que o éxito das modelos denominadas XXL é maior.

Por este camiño o mundo das pasarelas vaise achegando pouco a pouco á muller real, no que a corpos se refire, e provoca que aquilo que unha vez dixo Wallis Simpson, duquesa de Windsor, de que "nunca se é o suficientemente rica nin o suficientemente delgada" pase á historia. Agora son as 'curvies' as que están de moda.

Comentarios