Opinión

Corrupción xeral ou accións individuais

ESMÉRANSE DIRIXENTES dos principais partidos en intentar convencer de que a corrupción descuberta en ambos os dous non foi xeralizada nin permitida desde dentro, nin institucional nin organicamente, senón que se tratou de accións illadas en busca de beneficios persoais e non colectivos. «Actuacións individuais», redunda o expresidente andaluz Chaves ao referirse á «gran fraude», cualificada así polo tamén expresidente Griñán, na que está demostrado que interviron altos cargos do Goberno autonómico, empresarios, traballadores, aseguradoras, avogados, sindicalistas, consultoras; centos de implicados «individuais», sen organización, aseguran. Igual que no outro partido, onde todo foi responsabilidade de Bárcenas e dos outros tesoureiros, presuntos delincuentes tan altruístas que pagaron do seu peto pola reforma da sede centos de miles de euros que amasaban en negro. A saber.

Comentarios