Opinión

Que ben se vive cando se vive ben

CONTÁBAME UN paisano hai días que estaba encantado de vivir aquí, onde con subvencións millonarias puido montar un negocio grazas aos contactos familiares; onde está todo ben asfaltado ata as súas fincas das que sacar o produto do que se abastece a empresa; onde teñen traballo público unha manchea de coñecidos seus en procesos nos xa se sabía quen ía levar a praza, por iso se presentaban poucos, quizais porque isto está tan ben laboralmente que case ninguén precisa traballo; onde os veciños están tan contentos que apoian aos de sempre aínda que desde as institucións non se faga nada no seu beneficio.

Di que aos que non lles gusta isto son uns rallantes, porque só buscan que se apoie a todos os emprendedores, que estean ben arranxadas todas as estradas, que teñan emprego público os máis capacitados e que o beneficio sexa xeral.

Son distintos puntos de vista, o interesado e o altruísta.

Comentarios