Opinión

Un día sen música para cantar mellor

PAGA A pena pasar un día sen música en compensación de poder seguir gozando dela no futuro. Porque este xesto é a maior evidencia da protesta contra un Ive cultural elevado, no máximo do 21 por cento, ao que subiu desde o 8 por cento ao pouco de entrar o Goberno actual. O pasado mércores concentráronse todas nunha, desta vez sen cantar, as voces críticas á aplicación deste imposto na banda máis alta para sectores como o teatro, o cine ou os concertos, en contraste co superreducido doutros como as películas porno, situado no mesmo tramo do 4 por cento que o pan ou o leite. Na súa teima por promocionar as touradas como espectáculo nacional só falta que reduzan a aplicación do 21 ao 4. Parece como se os dirixentes que determinan as porcentaxes se inclinasen máis polo porno e as corridas de touros, pero en silencio, nin sequera con cancións suxerintes unhas e con pasodobres outras.

Comentarios