Opinión

Vaguidades na campaña do medo

CHEGOU O DÍA e por máis que tento facer memoria poucas cousas concretas importantes recordo dos partidos políticos durante esta campaña. A maioría das veces foron vaguidades en cada un dos contendentes, que soan moi ben e que todos asumen, pero cando se trata de precisar as ideas, esváense. Que se transparencia, que se boa xestión, que se igualdade de oportunidades, que se radicalidade democrática, que se servizos de calidade, que se apoio ao emprendemento. Todo moi bonito, e nada que obxectar, pois non van deixar por escrito que favorecen a familiares ou amigos nunha oposición, ou reciben comisións por unha obra de orzamento inflado, ou afrontan infraestruturas para beneficio propio ou próximo. Nesta campaña presidida polo medo os partidos tradicionais pareceron defender o malo coñecido fronte a emerxentes que se xogan ser alternativa. A saber.

Comentarios