Opinión

Cotas de persoas

SON PERSOAS, aínda que semellen números. Como se fose unha cota de xurelo, a Francia correspóndenlle seis mil, a España catro mil, por redondear cifras. Pero non se trata de toneladas de peixe, senón de inmigrantes que pretenden deixar atrás padecementos inmensos e simplemente poder alimentarse e vivir en paz, algo que para millóns de persoas no mundo resulta un luxo. O reparto de estranxeiros por países da Unión Europea non parece solucionar o problema, senón redistribuílo. Igual que tampouco é remedio definitivo o bombardeo das barcas utilizadas para a introdución en Europa de persoas procedentes do outro lado do Mediterráneo, pois só servirá para aliviar a presión migratoria uns meses, ata que as mafias se reorganicen noutro lado aproveitando a desesperación de quen non repara en camiñar máis de mil quilómetros en busca dunha vida mellor.

Comentarios