Opinión

AntiRodea, antiPAH e antiGreenpeace

PARECE unha lei feita exprofeso contra grupos molestos. Que amola que un colectivo antidesafiuzamentos bloquee a expulsión da casa dun veciño que non foi quen de cumprir co banco, pois sanciónase a quen o impida (antiPAH). Que incordia unha asociación despregando unha pancarta crítica nun edificio emblemático, pois múltase a quen utilice o método de escalo (antiGreenpeace). Que se organizan mobilizacións ante o Congreso como reacción a decisións dos nosos representantes que teñen aí a súa principal sede, pois elabórase un texto que o prohiba, deixando como alternativa que a manifestación sexa nun sitio illado para que ninguén se entere da protesta (antiRodea). A pretensión parece ser a de evitar que se exterioricen as queixas, silenciar os incómodos, como se as resolucións tomadas por quen eliximos directa ou indirectamente non puideran ser contestadas.

Comentarios