Opinión

Política de xestos

A POLÍTICA non só é tomar grandes decisións, esas que para ben ou para mal serán recordadas incluso por xeracións posteriores, senón que está chea de xestos, algúns case insignificantes economicamente pero que son mensaxes claras sobre o xeito de gobernar. Cambiar un coche blindado por un utilitario representa un mínimo tanto por cento nun orzamento, pero reflicte unha posición, como en Galicia fixera cando chegou o actual presidente, e agora continuaron uns cantos políticos de nova fornada e distinto signo. Acudir a un desafiuzamento para intentar evitalo a sabendas de que case é imposible representa un xeito de estar ao lado dos máis vulnerables aínda que non sexa efectivo no fondo. Cambiar un retrato dun despacho non conleva carga económica, pero amosa mudanza. Son xestos, que en política ás veces levan tanto contido como se se tratara dunha resolución de alcance.

Comentarios