Opinión

O "e ti máis" xa non vale

DISCUTO CON quen di que todos os políticos son iguais, pero estou quedando sen argumentos. Esfórzome e non recúo, pero non me axudan. O nerviosismo arredor da Deputación de Lugo nos últimos días é tan lamentable que fai tremer as miñas conviccións. O PP sabe que ten os días contados, aproveita para varrer para a casa e, de paso, mirar debaixo das alfombras para sacarlle as cores a quen antes limpou mal. O PSOE, ansioso por retomar o poder, perdeu as formas. O máis sensato que din uns e outros é «e ti máis», alleos a que os lucenses, donos dos cartos que manexan, din que non todo vale. Cando se dean conta de que os están mirando, será tarde.

Comentarios