Opinión

Primeiro cumprir e logo esixir

NA SÚA teima contra as políticas de austeridade europeas, o premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz alerta contra a destrución da clase media, e de paso arréalle ao optimismo español, pois ve incrible a defensa de que se está saíndo da crise porque se pasou dun paro do 26 ao 23 por cento, pois ademais presenta unha precariedade crónica, ao non crear emprego de calidade, segundo prevén a OCDE. Este mesmo organismo tamén avisa de que en España non se prepara aos mozos para o mundo laboral. Son demasiadas eivas nun país que reflicte unha sociedade que ampara o emprego en negro e a evasión impositiva. A descomposición política é espello da corrupción cidadá, porque como se ten repetido, se todos declarásemos a totalidade dos nosos ingresos seriamos alemáns, non españois. Mentres dediquemos máis esforzo a defraudar que a cumprir non podemos esixir.

Comentarios