Opinión

Cheirume arredor das institucións

EN POLÍTICA hai excesivos profesionais da delincuencia, achegados ao poder por beneficiarse non só do que se pacta oficialmente como sustento, senón de canto pasa solto arredor. Ule mal, moi mal, e non precisamente no Parlamento por quen pode vestir sen traxe; pois de feito desprenden bastante peor olor un representante de Segovia engravatado e algunhas señoronas valencianas cheas de xoias, e tampouco solta precisamente perfume a decisión, agora rectificada, de apartar ás últimas filas do hemiciclo a quen representa a máis de cinco millóns de persoas, pero debía de ser unha decisión hixiénica para separar o máis posible a estes parlamentarios da mesa do Congreso para evitar que se achegaran a Celia Villalobos, porque igual lle pegaban piollos, pois ao mellor prefire estar preto de quen os traxes camuflan efluvios fétidos. E eses son os cheirumes máis perigosos para a saúde democrática.

Comentarios