Opinión

Machismo rampante sen cabida

PUBLICAR NA Wikipedia a biografía dunha gran muller por cada vez que se recibe unha mensaxe sexista ou de acoso, como fai unha moza estadounidense, é das mellores fórmulas a favor da igualdade. Pero hai outras que axudarían a atenuar a discriminación por cuestión de sexo e que deberían conlevar o acantoamento social e laboral dos machistas. Por exemplo, non deberían ter cabida nos medios de comunicación intervencións de persoeiros que cualifican a unha dirixente política como "fisicamente atractiva como femia moza", como fixo o que fora voceiro do Goberno de Aznar Miguel Ángel Rodríguez sobre Inés Arrimadas, na que só ve carne, como se a actividade desta persoa tivera algo que ver co seu físico. Pero peor aínda é que se transixa coa existencia de páxinas web que defenden a submisión feminina e a muller como un ser inferior destinado a servir e obedecer ao home. Intolerable.

Comentarios