Opinión

Asuntos turbios reservados para as campañas

A INFORMACIÓN sobre unha vulgar falsificación dunha tarxeta para poder aparcar en lugar reservado para diminuídos sae en plena campaña a pesar de que o truco ideado por unha agora candidata tivera lugar dous anos atrás. A foto dun dirixente político no barco dun empresario ao que se lle adxudicaron contratos públicos coñeceuse uns días antes dos comicios, cando databa dun ano antes. E a días do 26-X fíltrase unha conversación mantida hai dous anos por un ministro na que translocen manobras filoxudiciais contra os independentistas cataláns. Xogo sucio. Seguro. E quen ten máis datos para poder utilizalos é quen está á fronte dunha administración pública. Obvio. Incluso se encargan informes inculpatorios de rivais políticos. Son os sumidoiros do sistema. Noxento, pero tan antigo como a humanidade. Mais, non as fagas non as temas, nin antes nin na campaña electoral.

Comentarios