Opinión

Entre penas e alegrías

VIVIMOS IRRITADOS. Certo que as circunstancias de moitas persoas non inducen á risa; aínda que se nos queixamos aquí, que fará noutros países de atentados diarios ou mortes por desnutrición. Invita o Papa a aprender a vivir mellor a arte da alegría, que é algo similar ao que preconizaban os dirixentes de Podemos antes da repetición das eleccións, pero unha vez celebradas caeron na depresión do golpe descoñecido, sobre todo por non chegar a albiscar de onde procedeu. Non conseguen recuperar o sorriso, e iso que os principais logros seus chegaron por acaparar o descontento máis cá felicidade, esa na que se volveu instalar o PP logo dunha curta travesía pola desolación de pasar dunha maioría absoluta a outra insuficiente. Na angustia podemita incluso se recorreu á teoría da conspiración como explicación, igual que fixeran os populares no 2004 cando gañou Zapatero. E isto e aquilo apesara.

Comentarios