Opinión

Historia viva nas entrañas da terra

PARA ALGÚNS son simples pedras. Para outros, un libro aberto e para unha maioría, unha historia por descubrir. O castro de Saa, na parroquia pastoricense de Baltar, érguese con forza preto doutro emblema da Chaira, Fonmiñá. E a primeira escavación, que acaba de finalizar, demostra que as entrañas da terra esconden moito. Dun pequenísimo primeiro cadrado aberto emerxen restos dunha vivenda e os muros dunha anterior. Recolléronse máis de 3.000 pezas de cerámica e ata apareceu unha moeda. Pero o que faltan agora son moitas e modernas para avanzar na procura do pasado. Porque aínda que algúns só vexan pedras, hai futuro nelas.

Comentarios