Opinión

Un belén máxico nun Nadal precoz

O NADAL chega cada vez antes. Aínda que na Chaira sempre foi prematuro -o 3 de decembro inaugúrase o Belén de Begonte- dende hai uns anos pasamos do bikini aos villancicos en só uns días. Pero neste mundo de velocidade e présas hai cousas que non cambian. Recordo a primeira vez que visitei o belén chairego, nunha excursión do cole e coa miña primeira cámara, de carrete de 24 fotos. Esgoteino nesa recreación electrónica que me alucionou por completo. Pero o flash fixo da miña colección unha foto case inmóbil, sen estrela, neve sin efectos de luz. Non me pasaría hoxe. A tecnoloxía evolucionou moito. O belén non; segue a ser máxico.

Comentarios