Opinión

Queda inaugurado este retrato

É LÓXICO que quede constancia gráfica, por moi mala que fose a súa xestión, na galería de exministros. O retrato de Wert xa colga ao lado dos que o precederon, pero no acto non se permitiu a presenza de xornalistas que puideran preguntar, só fotógrafos para inmortalizar a súa volta, dous anos despois de deixar amolada toda a comunidade educativa coas súas decisións. Alumnos, profesores, familias e sindicatos aínda están en pé de guerra contra a Lomce, a pesar da promesa de derrogación. Son os bulleiros que deixou o ministro peor valorado do Goberno de Rajoy, pero que como recompensa foi destinado á embaixada ante a OCDE, en París, con residencia nun palacete de 500 metros polo que o Estado paga 11.000 euros mensuais de aluguer, unha cantidade similar ao seu soldo. O seu regreso ao ministerio, menos mal, pensarán os críticos, foi so para deixar inaugurado o seu retrato.

Comentarios