Opinión

Avoas que enganchan

O OUTRO día, perdida na Chaira, facendo ese xornalismo local localísimo de chamar á porta da casa —no meu caso pitar dende o coche polo medo aos cans—, unha octoxenaria preguntoume como podía saber que realmente traballaba no xornal. Ante o meu silencio —dinme conta que só tiña unha libreta que o podía confirmar—, invitoume a pasar a unha charla sen présas, e tras dez minutos xuntas, xa case no papel de avoa, enfadouse por non querer tomar café nin levar un doce para o camiño. Despediume cun bico. O rural engancha. E esas persoas, que pese a escoitar historias de roubos ou estafas, son quen de amosar confianza.

Comentarios