Opinión

Os dinosauros de Tomé

CADA ALCALDE ten as súas manías. É coñecida a do rexedor vigués por encher a cidade de dinosauros vexetais. Tamén se ten falado moito da querencia que tiña Severino Rodríguez, exalcalde de Monforte, a poñer bancos. Pero detrás duns van outros e o actual rexedor, José Tomé, tamén quere deixar a súa pegada. O socialista colleulle o gusto ás fontes e despois de poñer en uso todos os mananciais que había na cidade, agora deseñou un propio. Máis de 6.000 euros se foron para un conxunto de táboas e auga instalado nunha mediana da Compañía para deleite dos condutores. Un ben de primeirísima necesidade!

Comentarios