de actualidad
Ángel Nieto Ángel Nieto
Opinión
 
Votacion: 
5 (3 votos)
0

Contas pendentes

BENDITO FÚTBOL, que nos fai esquecer os desgustos do día a día: crise, corrupción, terrorismo, violencia, autoestradas de peaxe... Celta-Manchester na Europa League e Real Madrid-Atlético na Champions. Manda carallo! O equipo celeste está a facer historia esta tempada, creando recordos indelebles entre a súa afección. Dentro duns anos, os seareiros vigueses repetirán de corrido esta alienación, forxada ademais con varios rapaces da súa propia canteira. O equipo de Mourinho é un óso duro de roer, pero xa dicía o mítico Pelé que «canto máis difícil é a vitoria, maior é a felicidade de gañar». Oxalá se cumpra desta volta. Os enfrontamentos Madrid-Atlético na Champions xa se converteron en clásicos con abolengo, aínda que con sorte dispar, xa que os brancos axusticiaron os seus veciños tres veces consecutivas nas últimas tres tempadas, e en dúas ocasións na final! Hai moitas contas pendentes que resolver; uns claman vinganza e un pedaciño de gloria, os outros axigantar a súa lenda nesta competición.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.