Opinión

Moi mellorable en calidade democrática

SOMOS TERCEIROS. Só nos gañan outros dous países mediterráneos, Italia e Grecia. Por unha vez parece que ocupamos un lugar destacado, o malo é que se trata do escalafón de deficiencia das institucións políticas en Europa. E o que aínda é peor, a cidadanía asúmeo como algo endémico, sen solución, como se fose imposible pelexar contra a corrupción. Nesta época de crise de lexitimidades debido á aceptación estendida de políticos sospeitosos por riba de representantes que oficialmente son, non logramos romper coa sensación de dilapidación de recursos por máis que os partidos tradicionais viraran diante do ascenso dos emerxentes, pero foi só un espellismo, porque logo do primeiro impulso practicamente todo quedou como estaba e apenas mellorou a calidade democrática, que aínda que non pareza ten os seus medidores, nos que a puntuación é perfectible, por non catalogala de mediocre.

Comentarios