Opinión

Límites para a refundación

A CORRUPCIÓN enzoufa o PP. E en vez de atenuarse, acrecéntase. A ver onde sitúa o límite para refundarse e afrontar unha imprescindibles rexeneración? Aplicar un groso paquete de medidas non abonda, como demostrado está.

Exvicepresidentes, exministros, expresidentes autonómicos, exconselleiros, exalcaldes, xa case non falta de nada na nómina de imputados (agora investigados) ou condenados, con centos de dirixentes fronte á xustiza. Rato, Matas, Bárcenas, Ignacio González e unha longa lista suman excesivos 'casos illados' que acurralan un partido tamén imputado como persoa xurídica.

Por moito que millóns de cidadáns o sigan apoiando e mantendo como principal partido e outras formacións políticas o sosteñan en gobernos, todo ten un tope, e o problema hoxe grave pode ser irresoluble se ese teito se sitúa demasiado elevado. Mirar de esguello pode deixar birollo ou, o que é peor, cego

Comentarios