Opinión

Primeira lingua de contacto

O GALEGO ten futuro. Claro que si. Minguará, como ocorre desde hai anos, en contra do que pasa en Cataluña e Euskadi, os outros territorios referentes con dúas linguas; pero non desaparecerá mentres haxa galegos que o manteñan. Parece unha perogrullada, pero así será, a pesar das agresións que sufre, incluso de grupos organizados. No monográfico de onte de El Progreso é significativo que algúns colaboradores, castelanfalantes na infancia, vexan con optimismo o porvir do idioma. Aínda é maioritaria a vida social en castelán, por moito que o galego non permaneza recluído na familia, como hai décadas; e esa situación é a que se debe reverter. Para iso é esencial converter o galego en primeira lingua de contacto, empezando polas empresas. E aí a Xunta ten moito que dicir, se quere, claro. Pero non todo se debe fiar ás institucións. A sociedade civil debería ser a máis impulsora.

Comentarios