Opinión

Diálogo de xordos

RECUPERAN Rajoy e Puigdemont o xénero epistolar, como se non fosen capaces de dicirse as cousas á cara e prefirisen facelo por escrito. Non é a primeira vez que se escriben. O presidente catalán enviáralle ao español a principios de ano unha carta na que anunciaba a súa ausencia á conferencia de todos os autonómicos porque non quere ser un máis; reclamaba trato preferente. Rajoy tomou nota; pero con esta nova misiva preferiu respostar polo mesmo método. Ambos os dous para dicirse o que levan reiterando nas súas intervencións públicas, Rajoy para garantir a "orde constitucional" e Puigdemont para defender un referendo que poida levar á independencia. Dúas posturas radicalmente opostas que deslocen proclamas de diálogo, porque non parece haber punto de encontro. Un quere urnas e non lle permiten poñelas. Outro quere que deixen de encerellar e non lles vale.

Comentarios