Opinión

Representantes políticos

NO DEBATE da moción de censura, só propagandística pois promotores e xulgados sabían que non prosperaría, saíu de novo a relucir un lema socorrido desde que a indignación se concentrou no 15-M: non nos representan.

Esta expresión antisistema está baseada no que a teórica política estudosa da representación e a súa relación coa democracia Hanna Pitkin conclúe, que debemos aceptar o feito de que o que estivemos chamando goberno representativo en realidade é unha simple competición de partidos para conseguir cargos públicos. E niso é no que pretendía incidir o impulsor da reprobación para socavar a credibilidade do rival aproveitando os últimos casos coñecidos de corrupción.

Pola contra, os enxuizados insistiron en que exercen a maioritaria representación incrementada nas pasadas eleccións por convencemento cidadán. Dúas visións antagónicas do mesmo concepto.

Comentarios