Opinión

Leis alleas que non gustan

A SOBERANÍA dos estados permite que cada un deles se dote dun corpus lexislativo propio, leis supranacionais á parte, coma o caso das europeas en España. Deste xeito, o que é legal nun país pode levar ao cárcere noutro, así de radical é a situación. Por iso, cando se viaxa hai que ter en conta que algo da vida diaria pode estar prohibido no outro lado da fronteira. Como machicar chicle en Singapur; darse bicos en público, aínda que sexa na meixela, en Arabia Saudita; introducir auga embotellada en Nixeria, ou fumar na vía pública, incluído o cigarro electrónico, nos Emiratos Árabes. En Estados Unidos, ter viaxado a Siria ou Irán converte a un en delincuente. Dá igual o que fixera neses países ou noutros árabes, tanto se foi de turismo como a colocar unha bomba nun mercado. Á cadea. É delirante visto desde fóra e traumático para quen o sofre. Pero guste ou non, está na autonomía do Estado.

Comentarios