Opinión

Cheira a queimado

NON FACÍA falta que sucedera a traxedia de Portugal para saber que se o monte está ben ordenado e limpo é difícil que arda. Certo que é doado dicilo e complicado reverter a situación. Algún incendio é inevitable, porque pirómanos hai e accidentes naturais tamén, pero a magnitude alcanzada un verán detrás dou-tro, aínda que baixe o número de sinistros, é porque a industria do lume segue sendo máis rendible que o coidado do territorio. Por iso o pasado ano 21.000 hectáreas de superficie quedaron arrasadas en Galicia, máis dun terzo do queimado en España. A ordenación e programas a longo prazo parecen a única solución; case un imposible, porque os políticos son curtopracistas e en vez de pensar no país e nas próximas xeracións só o fan nas próximas eleccións, como dixo Bismarck no século XIX. Mentres, uns seguirán prendendo lume e outros lamentándose das chamas, pero sen amaño.

Comentarios