Opinión

Arrepentimentos en referendos

HAI ERROS que se poden rectificar e outros nos que non hai volta atrás. Algúns arrepentimentos poden servir para enderezar situacións e outros que chocan con feitos irreversibles. Miles de escoceses reconcoméronse pola decisión británica de abandonar a Unión Europea e lamentaron non ter votado dous anos antes por unha independencia que logo lles permitiría continuar na familia comunitaria.

A situación sería ben distinta se a data dos dous referendos fora inversa. Pero agora xa non hai solución. Tamén o director de campaña polo Brexit recoñece agora que abandonar o club dos 28 foi un erro, avivando así as ansias dos defensores dunha segunda consulta; aínda que parece difícil, non imposible, que isto ocorra. Os referendos cárgaos o demo, e por moito que centos ou miles de cidadáns se poidan retractar ao ver as consecuencias da súa decisión, é posible que non haxa volta atrás.

Comentarios