Opinión

Decisións por hábito ou racionais

SUPERADO O ecuador, significa que en vez de estar empezando o mandato municipal xa está acabando e por iso os partidos dan pasos cara as próximas eleccións. Están aquí para quedarse, proclaman os alcaldes do cambio ao celebrar os dous anos da chegada ao poder local. O comité do PP das cidades leva meses traballando por recuperar a hexemonía perdida e hai pouco recoñeceu que ten a vista posta en maio do 2019. As súas estratexias, a da Marea, a do PP e de todos os demais partidos, está en mobilizar os indecisos que facilitan unha alcaldía, sabedores de que as decisións referidas á votación dependen en gran parte do hábito, do sentimento e da disposición antes que dunha consideración racional e informada dos enfoques que o candidato ten dos temas, como ben explicou Hanna Pitkin, pero á parte diso queda campo, e é no que incidirán os partidos. Diso dependerá o éxito ou o fracaso

Comentarios