PDF

Ver la portada de hoy

de actualidad
Liliane Bettencourt Liliane Bettencourt
Opinión
ENTRE DOUS 
Votacion: 
No hay votos
0

Se o lume non fose rendible non se prendería

QUEIMAR O MONTE non pode saír gratis. Pero é así, sobre todo pola dificultade de demostrar a autoría. É boa a intención de Feijóo cando defende a aplicación de medidas coercitivas que poidan disuadir de prender lume por medo a multas ou cárcere, pero máis efectivo sería recorrer a disposicións que converteran en máis rendible o territorio de calquera xeito máis que queimado. Porque haberá pirómanos que gocen coas chamas, pero son os menos; a maioría dos incendios buscan un proveito, e aí é onde haberá que atacar como se fose a boca dun extintor. A maior parte da Galicia rural está a monte debido ao éxodo ás cidades, pero aínda así ese territorio baldío é preciso ordenalo, o que debería levar aparellado o coñecemento da propiedade, que en moitos casos agora non se dá ao diluírse en herdanzas. Mentres iso non ocorra continuará estendéndose a mecha á que achegarlle o misto.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.