Opinión

Mozos vulnerables, de futuro incerto

VULNERABILIDADE. ESA é a principal característica da xuventude española, e o malo é que máis da metade dos mozos cre que a situación non mellorará e que o vindeiro ano será como mínimo igual de negativo que este. Desmoralizador para a sociedade que gran parte dos compoñentes da banda 16-29 anos considere que as súas condicións van ser peores cás dos seus pais, como se o tempo de crise deixara unha fonda pegada depresiva neles debido sobre todo á dependencia económica familiar e a imposibilidade de independizarse. Pero o barómetro sobre adolescencia e mocidade do centro Raíña Sofía reflicte outro dato tan preocupante como os anteriores, que sete de cada dez rapaces consideran que non desenvolverán un traballo para o que se prepararon ou están capacitados. Da anterior xeración dise que era a mellor preparada e tivo en boa parte que emigrar, pero desta non se sabe que será.

Comentarios