Opinión

Pola vía do medio

POLA vía do medio tirou Puigdemont ao deixar en suspenso a declaración de independencia e así facilitar algún resquicio para o encontro. Diálogo, di, contra a postura intransixente que o considera imposible con que non acata as leis. Pero institucións europeas, patronais ou o FMI tamén apelan ao entendemento para evitar que o conflito vaia a peor, que aínda é posible. É reacio o Goberno a discutir con Cataluña porque se podería ver como en posición de igualdade, se ben iso xa ocorrera cando enviara ao ministro de Exteriores Margallo a debater co vicepresidente catalán Junqueras, e tamén agora ao favorecer a axilización dos trámites para que empresas asentadas en Cataluña puidesen cambiar a outro punto de España as sedes sociais e fiscais. Sectores que alaban o «a por eles» defenden o recurso á violencia do Estado; lexítimo, si, pero dificilmente aceptable. Antes diso poderíase falar, non?

Comentarios