Opinión

Legalidade apadriñada

O QUE ten padriño bautízase, di un refrán para incidir en que quen conta con influencias consegue os seus fins. Ou máis vulgarmente, está referido ás recomendacións, un mal endémico sintomático da corrupción deste país. Kurdistán, o maior pobo do mundo sen Estado, non ten padriños, e por máis que sufriu guerras e ditaduras e votou maioritariamente nun referendo non consegue a independencia. Ninguén o recoñece. Todo o contrario que Kosovo. Apadriñado por Estados Unidos e case toda a UE para ter un amigo contra Putin, é agora soberano, avalado por 111 estados dos 194 existentes, pero non por España, Rusia nin Serbia, que aínda o considera un territorio seu. Ningún caso é exactamente igual a outro e Cataluña nin moito menos se parece a algún deses, pero o seu problema non é a legalidade que expón o Goberno, senón os padriños. Se tivera esa amizade todo cambiaría.

Comentarios