Opinión

Pois si, era real

XA ESTÁ aquí o 155, o artigo do que todos falaban como se o coñeceran de sempre pero parecía que non era certa a súa existencia. Algo así como o home do saco. Pero quedou constatado que é real e por primeira vez intervense unha autonomía. Había dúas alternativas: esa, e a que defendía o líder socialista catalán, buscar no Senado un pacto de Estado co que a inmensa maioría da poboación acepte o encaixe da comunidade en España. Optouse pola imposición en vez de pola negociación, pero a fórmula ten un risco innegable unha vez convocadas eleccións, se antes non as organiza Puigdemont, que os resultados sexan aínda máis favorables aos independentistas, e volta a empezar. De entrada, unha enquisa reflicte que dous de cada tres cataláns rexeitan o 155, a mesma porcentaxe que defende a reforma constitucional. Con eses datos non parece que se arranxe o conflito.

Comentarios