Vídeos

Curuxan homenaxea a Fiz Vergara Vilariño en Lugo

A asociación cultural Curuxan, de Lugo, organizou o pasado luns un acto adicado ao poeta samonense Fiz Vergara Vilariño.

A cita, que tivo lugar no bar Abrente, forma parte do ciclo Naceron, co que o colectivo homenaxea cada mes a un escritor.

O acto contou coa intervención de Yago Rodríguez Yáñez, autor da obra A peito descuberto. Análise e edición da obra poética de Fiz Vergara Vilariño e coa participación de membros do público, que recitaron poemas, relatos e incluso un anaco dunha das obras de teatro máis coñecidas do autor louzariño: O vello muiño nunca morrerá.

Comentarios