Vídeos

Tradescola e Galén cantan os Maios

Este martes, a Praza Maior de Lugo viviu unha xornada de cántigas e bailes para festexar os Maios. O alumnado máis cativo da Tradescola cantou, tocou a pandeireta e botoulle ritmo aos zapatos. Así tamén, a gaita, a percusión, os acordeóns, a requinta e as zanfonas tiveron o seu oquiño.

Por outra banda, os máis pequenos do Centro Educativo Galén botaron man dos seus traxes claros e, adornados con flores e bandas amarelas, entoaron os Maios acompañados dos seus paus.

VÍDEO: SEBAS SENANDE

Comentarios